Menu Close

Xurxo Martínez González

Universidade de Vigo / Concello de Redondela

Liñas de investigación:
historia literaria galega no Rexurdimento

Actividade investigadora:

Xurxo Martínez González é doutor cum laude en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo (2015) e Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento (2016). Forma parte de diversos grupos de investigación (GAELT, Universidade de Vigo; Illa, Universidada da Coruña; GELIV, Universitat de Barcelona) e colabora con outros centrados na investigación da literatura oitocentista.

A nivel laboral no eido académico, traballou na Universidade de Vigo, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Actualmente ocupa a praza de técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela (Pontevedra).

Dende a investigación achégase á historia literaria galega a partir de catros perspectivas analíticas: construción das identidades, socioloxía da cultura, historia política e ciencias da comunicación. Estas liñas están presentes na súa tese dedicada ao xornal rexurdimentista La Oliva (1856-57).

Publicou varios estudos centrados no século XIX en diversas revistas especializadas, participou en diversos congresos, impartiu conferencias e publicou varios libros sobre a mesma temática. É colaborador habitual da prensa diaria, escrita e dixital.

Ademais, realizou traballos e publicou obras sobre o nacionalismo galego no século XX, sendo unha delas premiadas na Gala do Libro Galego (2019) na categoría de Ensaio e Investigación (Común temos a patria. Biografías dos irmáns Villar Ponte, escrita con Xosé Emilio Ínsua).

Presidiu a asociación cultural A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas.