CHAMADA DE COMUNICACIÓNS
21 Setembro, 2022 – 24 Setembro, 2022
Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos
O obxectivo do XIII congreso da AIEG, «Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos», é o de explorar o xeito no que traballos de investigación innovadores e renovadores na área dos estudos galegos están a fomentar o diálogo entre disciplinas académicas e entre representantes da cultura.
Este congreso pretende identificar códigos discursivos arredor dos seguintes conceptos:
A internacionalización xa que os estudos galegos teñen un perfil cada vez máis internacional e multidisciplinar, polo que é necesario promocionar ferramentas para colaboracións, intercambios culturais e difusión da produción científica, literaria e cultural.
A interdisciplinaridade coa que se busca promover as conexións entre os estudos galegos e os estudos doutras nacións e culturas non hexemónicas, ademais de impulsar achegamentos teóricos actuais e interseccionais como os estudios poscoloniais, feministas, raciais e da sexualidade.
A visibilidade para así aumentar a presenza dos estudos galegos en diferentes contextos tanto académicos como institucionais dentro e fóra do ámbito galicianista. A colaboración co fin de coordinar o contacto entre a comunidade investigadora traballando en diferentes aspectos relacionados cos estudos galegos no ámbito nacional e internacional.
Interésannos propostas que dean testemuño de como traballos de investigación dentro do eido dos estudos galegos abren rutas e expanden camiños grazas a novas perspectivas e interseccións. Convidámosvos a enviar propostas para o XIII Congreso da AIEG que exploren as cuestións aquí presentadas para relatorios de vinte minutos. Xunto cun resumo, de non máis de 250 palabras, incluirase un título, o nome, a institución e un enderezo electrónico. As propostas enviaranse a través da páxina web da asociación, nesta ligazón, antes do 30 de abril 2022.
As linguas do congreso serán o galego, portugués, castelán e inglés.
As taxas da matrícula terán as seguintes modalidades:
- Asistentes sen comunicación: de balde (inscrición obrigatoria)
- Asistentes con comunicación:
o Socias/os: 80€
o Non socias/os: 160€
o Estudantes (grao ou posgrao): 60€
o Persoas desempregadas: 40€
Ademais das sesións de comunicacións, o congreso está aberto a propostas de:
- Paneis temáticos (3 intervencións de 20 mins c/u + 30 mins debate)
- Obradoiros (1 hora de duración)
o de investigación
o profesionais
o docente - Mesas redondas (4 intervencións de 10mins c/u + 20mins debate)
- Sesións culturais
o cine
o música
o literatura - Entrevistas con escritoras e artistas
- Feira de editoriais
- Proxectos artísticos fóra da universidade
Entidades Colaboradoras:
