POLONIA é un lugar simbólico para a cultura galega xa desde o Rexurdimento. Por estar nunha situación semellante, a dunha nación reprimida que loita heroicamente pola súa independencia, Polonia constituíu un referente para os pais do galeguismo.
Comezando por Eduardo Pondal, que lle dedicou o poema “Desperta Polska!”, continuando con Manuel Murguía que menciona a Mickiewicz nos “Precursores” e rematando por Otero Pedrayo que nos “Camiños da vida” inclúe entre as súas personaxes a Potocky.
Na actualidade, Polonia é un punto importante no mapa galeguista, xa que conta con dous Centros de Estudos Galegos e un grupo de investigadores moi comprometidos e activos.
O Centro de Estudos Galegos de Varsovia existe desde o ano 1997, sendo un dos tres ectorados de galego máis antigos.
No Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia cada ano organízanse multitude de actividades en torno á cultura galega e outras culturas inorizadas peninsulares, como as de Cataluña, País Vasco ou Terra de Miranda, feito que nos permite pensar Galicia desde unha perspectiva complexa e múltiple.
Entre estas actividades, un lugar destacado ocúpano os congresos, simposios, seminarios e conferencias, cos que se busca fomentar a investigación en lingua e cultura galega e que sempre van acompañados de publicacións: monografías, volumes especiais en revistas, dossiers, etc.
Recoñecemos o papel senlleiro da AIEG no fomento e na dirección dos estudos galegos. Para que continúe a ser unha institución pioneira e un lugar de encontro para os galicianistas traballando en distintos eidos, ofrecemos as seguintes propostas:
Liñas de traballo
A Internacionalización. Posto que os estudos galegos teñen un perfil cada vez máis internacional e multidisciplinar, é necesario que a AIEG reflicta ese perfil. Será imperativo organizar colaboracións e intercambios interculturais, ademáis de ser unha ferramenta, non só para a difusión da produción científica, senón tamén a literaria e cultural, inclusive das artes plásticas, audiovisuais e performativas
A Interdisciplinaridade. Buscar e promover as conexións entre os estudos galegos e os estudos doutras nacións e culturas periféricas, ademais de impulsar achegamentos teóricos actuais e interseccionais como os estudios postcoloniais, feministas, raciais e da sexualidade.
A visibilidade. Aumentar a presenza da AIEG nas redes de comunicación de Internet coa intención de ampliar a comunidade galicianista e circular etc.
A colaboración. Coordinar simposios e eventos entre os distintos Centros de Estudos Galegos e outros grupos galicianistas internacionais como o Foro Galego de Lingua, Literatura e Cultura do Modern Language Association e o grupo do Simposio Norteamericano do Estudos Galegos.
O noso equipo
Presidenta:
Ana Garrido González (Uniwersytet Warszawski).
Vicepresidente:
Danny Barreto (Colgate University).
Secretario de RRII:
María Alonso Alonso (Universidade de Santiago de Compostela).
Secretaria:
Marta Pawlikowska (Uniwersytet Łódzki).
Tesoureiro:
Bartosz Dondelewski (Uniwersytet Pedagogiczny im. KEN w Krakowie).
Vogais:
Attilio Castelucci (Sapienza, Università di Roma).
Michał Belina (Uniwersytet Warszawski).
Natalia Szejko (Warszawski Uniwersytet Medyczny).
Katarzyna Moszczyńska-Dürst (Uniwersytet Warszawski).