Menu Close

Natalia Szejko

Universidade de Varsovia

Natalia Szejko é doutora en humanidades con especialidade en literatura e teatro pela Universidade de Varsovia e licenciada en filoloxía pela Universidade de Varsovia. Tamén é licenciada en medicina pela Universidade de Medicina de Varsovia onde defendeu en 2020 a súa tese doutoral sobre a fenomenoloxía de tics no síndrome de Tourette. En 2020 traballou como post-doc na Universidade de Yale, Estados Unidos. Agora traballa no Departamento de Bioética de Universidade de Medicina de Varsovia onde imparte clases interdisciplinarios sobre as relacións entre a medicina, a literatura, o teatro e o cinema. Como investigadora recibiu varios premios e nomeamentos tales como o premio Adam Rojszczak de Fundacja na Rzecz Nauki Polskiej, o nomeamento ao título “personalidade do ano 2019 da ciencia polaca” outorgada pelo periódico “Polska Times”, o premio aos mellores investigadores do ano 2019 outorgado pelo periódico “Polityka”, a bolsa da Fundación de Kosciuszko (2019) da Academia Europea de Neuroloxía e Movement Disorders Society, entre outros. Realizou varios intercambios científicos nos mellores centros académicos do mundo, en España, Alemaña, Austria e Estados Unidos. E autora de máis de 30 publicacións en neuroloxía e 30 nos estudos interdisciplinarios sobre medicina e arte. As súas áreas de interese son o cine galego, catalán e vasco e as súas relacións coa medicina e psiquiatría en particular.