Menu Close

Marta Pawlikowska

Uniwersytet Łòdzki

Liñas de investigación:
sociolingüística do galego, identidade lingüística, lingüística folk.

Actividade investigadora:
    Licenciouse pola Universidade de Łódź (Polonia) coa TFG titulada “La situación sociolingüística del gallego en la España de hoy” e continuou alí os seus estudos de doutoramento. En 2016 defendeu a tese sobre o code-switching entre o castelán e o galego.
En 2020 saiu o seu libro “El gallego y el castellano en contacto: code-switching, convergencias y otros fenómenos de contacto entre lenguas” (accesible aquí). Participou nos cursos de galego para as persoas estranxeiras organizados pola Universidade da Coruña (2012) e Universidade de Santiago de Compostela (2013). Foi profesora visitante nas Universidades de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. Pertence ao grupo de investigación (Otra)Iberia.