Menu Close

Maria Boguszewicz

Universidade de Varsovia

Liñas de investigación:
literatura de autoría feminina en Galicia dende a perspectiva feminista

Actividade investigadora:
    Maria Boguszewicz é profesora no Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia onde é tamén directora do Centro de Estudos Galegos e coordinadora dos convenios con Etxepare Euskal Institutua e Institut Ramon Llull . É membro do grupo de investigación (Outra)Iberia: outras representacións, culturas e identidades na península ibérica. Xunto con ese grupo organiza cada ano un congreso internacional centrado nas culturas das linguas cooficiais da península ibérica. Ademais, é membro doutros grupos de investigación: GENIA, ILLA, IrGal, así como socia do Foro Galego na Modern Language Association. Finalmente, é autora de numerosos artigos en revistas e capítulos en monografías sobre a cultura e literatura galega así como editora de monografías e números especiais de revistas. Foi profesora visitante en varias universidades tales como: Universidade Complutense de Madrid, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo; e centros de investigación: ADHUC, Centro Ramón Piñeiro.

Ir ó grupo de investigación.