Menu Close

María Alonso Alonso

Universidade de Vigo

Liñas de investigación:
literatura comparada, estudos de diáspora e migracións, violencia.

Actividade investigadora:   
    María Alonso Alonso doutorouse en 2014 pola Universidade de Vigo despois de licenciarse en Filoloxía Inglesa e Hispánica. É autora de tres monográficos: Diasporic Marvellous Realism: History, Identity and Memory in Caribbean Fiction (Brill, 2015), Transmigrantes, fillas da precariedade (Axóuxere, 2017) e Contra la violencia: el realismo brutal de la nueva narrativa latinoamericana (Pliegos, 2019), ademais de máis de corenta artigos e capítulos de libro en diferentes publicacións de ámbito internacional. Traballou como investigadora e docente na súa universidade de orixe, así como nas universidades de Edimburgo, St Andrews, Leeds, Las Palmas e no Instituto Ramón Piñeiro. Ademais dos seus intereses académicos, tamén é escritora de ficción e poesía en lingua galega. A súa primeira novela, Despois do cataclismo (Urco), foi publicada no 2015 e a súa segunda novela, Red Lion, publicouse no 2019 pola editorial Galaxia. Tamén ten publicacións en revistas literarias e en antoloxías de relatos.

https://mariaalonsoalonso.wixsite.com/mysite