Menu Close

Danny Barreto

Colgate University

Liñas de investigación:
xénero e sexualidade na literatura e cultura galegas.

Actividade investigadora:
    Danny Barreto é profesor e investigador dos estudos LGBTQ [Lésbicos, Gai, Bisexuais, Trans e Queer] en Colgate University (Nova York). No ensino, dedícase principalmente ás teorías e literaturas feministas e queer, e tamén á sexualidade e o xénero en nacións migrantes e sen estado como Galicia e Porto Rico. Ten publicado varios estudos sobre a narrativa do Rexurdimento e a produción literaria e fílmica dos séculos XX e XXI en Galicia. Os seus artigos aparecen en revistas como Galicia 21, Abriu, Journal of Spanish Cultural Studies e Bulletin of Hispanic Studies, ademais dos volumes Rerouting Galician Studies: Multidisciplinary Interventions (2018) e Queering Iberia: Iberian Masculinities at the Margins (2012). A súa investigación actual céntrase en cuestións de espazo, identidade e memoria na produción cultural queer de Galicia. Forma parte do comité executivo do Foro de Lingua, Literatura e Cultura Galegas dentro da MLA [Asociación de Linguas Modernas].

Ir á páxina persoal.