Menu Close

Bartosz Dondelewski

Uniwersytet Pedagogiczny im. KEN w Krakowie

Liñas de investigación:
dialectoloxía e antropoloxía da raia luso-española, lingüística sociocultural, identidade na interacción.

Actividade investigadora:
    Bartosz Dondelewski licenciouse pola Universidade Iaguelónica de Cracovia (Polonia) e ten o máster pola Cátedra UNESCO de Investigación en Tradución e Comunicación Intercultural da mesma universidade.

É dialectólogo e sociolingüista, ademais de tradutor e intérprete de portugués e castelán.

Tamén exerce a docencia na Universidade Pedagóxica de Cracovia e na Cátedra UNESCO de Investigación en Tradución e Comunicación Intercultural (Universidade Iaguelónica) –na tradución xurídica e especializada.

Na súa tese de doutoramento, titulada “La identidad y el cambio en A Fala de Xálima”, investiga o papel que ten unha lingua minorizada nas estratexias identitarias dunha comunidade de práctica na periferia peninsular.

Forma parte da Asociación Internacional de Estudos Galegos como tesoureiro e do Grupo de Investigación Outra Iberia.

Así mesmo é autor de numerosos artigos en revistas e capítulos en monografías sobre a sociolingüística ibérica e organizador de varios congresos científicos. Ademais, foi palestrante convidado na Universidade de Varsovia e Toruń.


    

https://orcid.org/0000-0002-5570-6778