Menu Close

Attilio Castelucci

Sapienza, Università di Roma

Liñas de investigación:
Literatura de autoría feminina en Galicia; Literatura Galega do século XXI; Literatura europea medieval.

Actividade investigadora:   
    Attilio Castellucci é profesor contratado no “Dipartimento di Studi Europei, Americani e Interculturali” da Sapienza, Universidade de Roma, onde tamén é director do Centro de Estudos Galegos de Roma; ademáis é Presidente da AISGAL, a Asociación Italiana de Estudos Galegos (Associazione Italiana di Studi Galeghi).

É autor de artigos en revistas e capítulos en monografías sobre cultura e literatura da Edade Media e sobre cultura e literatura galega, en particular medieval e contemporánea, con unha atención particular ás autoras e aos autores que empezaron a publicar despois do ano 2000. Tamén foi profesor de Lingua e Literatura Española na mesma Sapienza e na Universidade della Basilicata. Colaborou con “El Correo Gallego” e foi investigador bolseiro do Centro Ramón Piñeiro ao longo de catro anos.

É autor de monografías de Filoloxía Romanica e de Literatura Galega. Ademais, é tradutor desde varias línguas, en particular en Italia é o tradutor con maior número de títulos publicados traducidos desde o galego, con un interés especial sobre a literatura relacionada co tema da guerra civil e a literatura de xénero.