
Universidade de Varsovia
Liñas de investigación:
a representación da emigración e o exilio nas narrativas peninsulares, memoria e identidade, teoría das emocións, estudos de xénero e crítica feminista.
Actividade investigadora:
Ana Garrido González é doutora en humanidades con especialidade en literatura pola Universidade de Varsovia e licenciada en filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación en lingua e literatura galega, portuguesa e española. Como investigadora, recibiu o Premio de Ensaio Xohana Torres (2019) por Xohana Torres: da viúva de vivo a muller navegante –cuxa publicación corre a cargo da editorial da USC– e ten publicados varios volumes colectivos e monográficos, entre outros: Identidade, memoria e xénero: un achegamento panorámico aos Estudos Galegos (2014), Identidad, género y nuevas subjetividades en las literaturas hispánicas (2016) y Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinar (2018). Así como, numerosos artigos académicos sobre literatura e emigración, estudos de xénero e narrativa peninsular contemporánea en revistas como Madrygal, Itinerarios, Abriu… Ademais, é membro do Grupo de Investigación Género, identidad y discurso en España y América Latina (GENIA), foi lectora de galego na Universidade de Varsovia entre 2010 e 2013 –centro no que segue a traballar actualmente como profesora adxunta– e é secretaria da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).